O Roteiro

Consulta o roteiro dos nomes das rúas do barrio alto

Nomes esquecidos

Consulta os nomes esquecidos das rúas

Canto sabes

Realiza o noso test de coñecementos sobre o barrio alto

¿QUE É CANIDO EN NOMES?

A través deste percorrido toponímico achegámonos á historia do barrio e a súa transformación ao longo dos séculos; dende os seus comezos como unha aldea, ata o presente, xa integrado no espazo urbano de Ferrol.

 Dende a primeiras mencións na documentación dos mosteiros medievais (onde se recollen nomes que aínda hoxe perduran como Canido ou Insua): 

“eu Munia, devota, filla de Don [Pero] Froilaz e de Dona Lucía (…) Concédolle a metade da miña vila de Ferrol e os seus homes e a “Villam de Canito” ( ano 1111) Sabam qantos esta carta viren commo eu johan esquio prior do moesteiro de San martinno de juvia (…) damos e aforamos a vos gonçalvo esquio vizino de ferrol (…) o noso casal de insoa Xunto a outros moitos nomes perdidos dos que xa non queda memoria: Chousa de Socanido, Agro da Pena, Pereiras, Comaro da Lóngara, Agro da Fraga ou Pumar de Socanido.”

 

Todos estes fitos, cós que se acoutou o espazo, achégannos á creación e transformación da paisaxe en relación cós procesos de habitación e explotación do medio. Estes deixaron a súa pegada na toponimia, na que se referencia unidades de habitación e explotación como: Casal de Insua e de Anido, Agro da Pena e da Fraga; ou mesmo os cultivos que se daban: Pumar, Pereiras.

Dende o eixo que conecta a poboación de Ferrol Vello con Catabois, no que xorde un primitivo rueiro no que se localiza un cruceiro: 

Y en el camino antiguo que va para la villa de Ferrol segúnd está junto a la cruz de Canido (1592) Arquivo Pazo do Monte. Transcrición de Fernando Dopico Blanco 

O Barrio de Canido (incluído no espazo amurallado de Ferrol a partires do s. XVIII) vaise urbanizando, aparecendo novas rúas que o conectan coa poboación da Madalena: Traviesa de San Isidro( R.Ruvalcaba), Traviesa de San Eugenio (R.Coruña), Traviesa de Canido (R. Concepción Arenal) e Traviesa da Terra. Xuntos a elas documéntanse no século XIX outras rúas como a R. Alegre, Atocha, R. Almendra, R. Atocha, R Estrella, Muiño do vento ou Fonte de Insua.

 Na nomenclatura cambiante delas recóllese topónimos preexistentes (R. De Insua ou R. Cangrexeiras), algúns dos cales referencian estruturas desaparecidas (Muiño do vento, Atocha ou Praza da Tafona).

Así como a memoria de diferentes persoeiros do barrio, de Ferrol ou Galicia, a cuxa biografía e obra achegámonos neste percorrido: Máximo Ramos, Antón Varela, Andrés do Barro, Manuel Arias, Gabriel Vázquez Seijas, Pérez Parallé, Celso Emilio Ferreiro, Rey Romalde, González Collado Alonso López ou Concepción Arenal.

 Tamén esta presente a memoria das nosas veciñas máis maiores e o recordo dun Canido aínda bastante rural a mediados do século XX (Corral de Chapón, Corralón, Cuartelillos, Ranchos, Casa do Patín, Xandón ou AV. do Repolo).

 

Novas de Canido en nomes