José Fontenla Leal


Voltar atrás

JOSÉ FONTENLA LEAL

(12 / 02/ 1864 – 05/ 12/ 1919)

¡Ojalá que su nueva obra levante el entusiasmo patriótico de nuestros paisanos con el fin de engrandecer á nuestra Galicia! JOSÉ FONTENLA LEAL. Habana, 31, V, 1906

Contados apenas os dez anos de vida, este veciño da Rúa da Estrela, fillo dun canteiro de Campo Lameiro, abandona xunto coa súa familia a cidade onde nacera, para asentarse, como outros moitos ferroláns, na Habana.

Se ben, en todos estes anos, Fontenla Leal non esquecera a terra natal, convertíndose nun auténtico apaixoado de todo aquilo que teña que ver con Galicia e a súa cultura. Así poís, paralemente ao seu desempeño profesional como litógrafo, desenvolve unha intensa actividade como dinamizador cultural.

En colaboración con Secundino Cores funda en 1886 a Revista de Galicia, publicación bimensual escrita en galego e castelán. Tamén colabora noutras publicacións, como o Diario da Mariña, onde asina os seus artigos baixo o alcume de Breogán, e, dende 1897, publica a Unión Mercantil.

O seu carácter comprometido e esforzado lévao a participar, tamén, no tecido asociativo da Habana. No ano 1903 ingresa como socio no Centro Galego da Habana, onde desempeña o cargo de bibliotecario da seción de instrución. Sempre ligado a terra, colabora na fundación, no ano 1909, da “Sociedade de Ferrol y su comarca” e na organización da súa sección de propaganda. Involúcrase, tamén, có movemento agrarista, cara o ano 1911 funda e preside a “Unión redencionista gallega” que, tal e como o seu nome indica, ten como fin a redeción das cargas forais. Na tertulia galeguista “La Cacharrería” o coñecen polo alcume de Breogán, e na loxia polo de Murguía.

Se ben, os seus maiores contributos de cara a Galicia teñen que ver coa elaboración do Himno Galego e coa fundación da Real Academida Galega.

Dende ben cedo, Fontenla é consciente da importancia de que a lingua conte cunha ortografía e gramática unificada. Así poís, no ano 1893 asina, xunto a outro moitos, unha misiva destinada ao Ateneo Leon XIII de Santiago de Compostela , para que dende esta institución se lidere ” a misión sagrada de darlle unidade á ortografía galega e crear unha gramática e diccionario completo” Se ben, o seu maior aporte cara a lingua será a fundación, no ano 1905, da Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega. Xermolo da Real Academia Galega, esta entidade fixa como obxetivo, a fundación dunha Academia, centrada na consecución dunha unidade lingüistica, coa creación dun dicionario e gramática, pero, tamén adicada ao estudo e cultivo de moitos ámbitos, entre eles a ciencia, a arte, a literatura, arqueoloxía. Fontenla é un impulsor da asociación e, tamén, a persoa que convence a Curros Enriquez para que presida a comisión xestora fundacional.

O outro grande mérito de Fontenla é ter sido a persoas detrás da xestación do Himno Galego. Nunha nova mostra da súa consciencia galega, decátase da importancia de dotar a Galicia de símbolos. Fontenla destacou por saber motivar e fomentar a creatividade noutras persoas, sempre en beneficio de Galicia. Por exemplo, tal e como recoñeceu o propio Cabanillas, foi Fontenla a persoa que o impulsou a escribir en galego. No caso da oficilización dun himno galego acontece algo semellante. Primeiramente, contactou con Curros e Chané para crear un himno. Se ben, como esta proposta non prosperou, Fontenla contacta con Pondal e Veiga, có propósito de adapatar unha peza feita previamente para un certamen de marchas rexionais, no ano 1890.

Finlamente, o himno foi estreado no Gran Teatro do Centro Galego, o día 20 de decembro de 1907. Se ben, Fontenla continua traballado de cara a súa oficialización, no ano 1908, por proposta súa, O Centro Galego da Habana o adopta como himno oficial.

Unha vez, en toda a súa vida regresou Fontenla a Galicia. Isto, no ano 1917, como comisionado do Centro Galego da Habana para acompañar o corpo de Chané. Corenta e tres anos pasarán dende que aquel cativo da rúa da Estrela marchara a diáspora. No porto da Coruña o recibe unha grande e entusiata comitiva. Neste viaxe vistará, tamén, de maneira moi breve a cidade natal.

De novo na Habana, álcanzalle a morte, esta acontece no ano 1919, no Hospital Calisto García. O seus restos foron enterrados nunha fosa común da necrópole de Colón. Inxusto olvido de quen fixera tanto por Galicia.

Fontela es un obrero ilustre – tal vez sea el primer artista de la Habana como dibujante litógrafo-; pero Fontenla es ante todo y sobre todo un gran patriotra, casi ecesivamente patriotra: es un indólatra de Galicia ÁNGEL BARROS. Habana, 28, X, 1905

Memoria en Canido:

Na fachada da súa casa natal, número 6 da rúa da Estrela, instalouse no ano 2008, por iniciativa da Sociedade Cultural, Medulio unha placa cerámica na que se pode ler a seguinte dedicatoria:

AQUÍ NACEU

XOSÉ FONTENLA LEAL

EMIGRANTE EN CUBA.

LITÓGRAGO, DEFENSOR

DA LINGUA E CULTURA

DA GALIZA

(1864-1919)

S.C. MEDULIO

Outras homenaxes:

Na praza do himno ( Barrio de Esteiro) existe un monumento coa súa efixie. Tamén conta cunha rúa no barrio de Caranza

Bibliografía:

DOBARRO PAZ, X.M. “José Fontenla Leal. Como bon ferrolán e galego, home de ben”, Ferrol, 1999

LLORCA FREIRE, G. “Ferroláns”, Ferrol, 2014

LLORCA FREIRE, G. “Ferroláns en Cuba”, Ferrol, 1997

Webgrafía:

Álbum de Galicia , (16/06/2021) “José Fontenla” Consello da Cultura Galega.

http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1483

LOPEZ FERNANDEZ, J. (16/06/2021) “Breogán II (1864-1919), José Fontenla Leal” Sociedade Santa Columba

http://www.sociedadecolumba.com/articulo/breogan-ii-1864-1919-jose-fontenla-leal

Real Academia Galega (16/06/2021) “No sesquicentenariodo nacemento de José Fontenla Leal ( Ferrol, 12 de febreiro de 1864 – A Habana, 5 de decembro de 1919)” RAG

http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/276/277/900-1?inline=1