Nomes esquecidos

Algúns nomes esquecidos de Canido.

Se coñeces algún nome esquecido que non está recollido aqui coméntanolo en contacto@canidoennomes.eu e o incorporamos.

 

Agrotopónimo. Agro: do grego agro (campo) Fraga: Extensión de monte, polo xeral illado e de difcil acceso. Tamén pode referirse a unha pedra grande enterrada, que asoma a superficie, do latín fragum (terra quebrada) No século XVI, Agro da Fraga aparece mencionado nun documento de arrendo:

En la villa de ferrol a cinco dias del mes de enero de myll e quinientos e sesenta e seis [?] ante my escribano [?] e testigos el presente [?] juan pita da beyga (…) dixo que arrendaba e arrendo a juan monteiro labrador vezino de Canido el casal y el su terreo y eredad que se dize das Cangreeseiras (…) un terreo que dize de agro da fraga (…) una vyna de zepa do dizen o pinneyro

Fontes:

Arrendo…, Arquivo de Galicia (AG), 2.1.2.3.3.2.15. 4., G6063, 045, fol. 2r.

 

Agrotopónimo. Agro do grego agro (campo) Pena: procedente do latín penna o pinna.

No século XIV Agro da pena aparece nun documento de aforamento do Mosteiro de Pedroso

Sabean qantos esta carta viren como Nos, Johan Fernandez, Prior do moesteyro de San Salvador de Pedroso (…) outorgamos e cognosçemos que arrendamos e aforamos a vos, Fernán Peres Tinnoso, de Ferrol (…)o agro que chaman da Penna, que iaz en Canido (…)” Noutros documentos do século XIV aparece como leyra da Pena”

Fontes: CAL PARDO, E., El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental, Deputación Provincial de A Coruña, 1984

Odotopónimo. As veciñas de Canido lembran que este era o nome dun camiño que transcorría por detrás do Corral de Chapón

No Corral de Chapón … había no final, atravesando así de frente, que agora hai unhas escaleriñas… e ahí había un camiño que atrevasabamos para ir a calle había por detrás e eran hortas” “Le pusieron últimamente la Avenida del Repollo” “Venían de los bares de allí los hombres …eran todo huertas, y todo eran repollos y patatas… e iban de aquí para allí para una tienda pequeñita que le llamaban el Queixón” “Quixeron engrandecela”

Fontes: Grupo de Mulleres Bravas de Canido.

Odotopónimo. As veciñas de Canido lembran que este era o nome dun dos camiños que baixaban cara a fonte de Insua.

Fontes: Grupo de Mulleres Bravas de Canido. VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014.

Agrotopónimo. Bacelar: Terreo plantado de bacelos (videiras novas) do latín bacillum, diminutivo de baculum (báculo) No século XVIII O Bacelar documéntanse na compra dunha finca de Josefa Vidal para construír o cemiterio da vila.

Fontes: VV.AA., Radiando Memoria. Un percorrido alternativo polo Ferrol dos séculos XIX e XX, Muiño do Vento, 2020

Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a climatoloxia do barrio.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014.

Odotopónimo. Camiño: procedente do celta cammin e de cam (paso).

No século XIV aparece nun aforamento do Mosteiro de Pedroso.

(...) Nos, don Pedro Moongo, Prior do moesteyro de San Salvador de Pedroso (…) damos e arrandamos e aforamos a vos, Pedro Fernández de Ferrol (…) a leyra que chaman da Pena que ias en Canido (…) departe do caminno da Corredoyra (…)

Fontes: CAL PARDO, E., El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental, Deputación Provincial de A Coruña, 1984,

Odotopónimo. As veciñas de Canido lembran que este era o nome do camiño que hoxe en día se corresponde coa rúa Insua e que baixa ata o lavadoiro do mesmo nome.

Fontes: Mulleres Bravas de Canido

Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. Fai referencia as murallas XVIII e, concretamente, a presenza no lugar do reducto da Malata.

Fontes: VV.AA.,Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014. RODRIGUEZ- VILLASANTE PRIETO, J. A., e RODRIGUEZ-VILLASANTE ANTON, B., El conjunto defensivo de las murallas. En BURGOA, J. J., LLORCA, G., Memoria histórica do Barrio de Canido, Embora, 2019

 

Orotopónimo. As veciñas de Canido asocian este nome a unha bodega e un campo ao que se ía a merendar.

Había una bodeguita que tenían perros y ibamos a merendar al campo de Viceto”

Fontes: Mulleres Bravas de Canido

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a localización orográfica da vivenda.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014.

 

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. J. Burgoa sinala que o nome non se debe a condición económica do dono da casa, senón, a caridade que se practicaba nela.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014. BURGOA, J.J., Construcións singulares de Canido. En BURGOA, J. J., LLORCA, G., Memoria histórica do Barrio de Canido, Embora, 2019

Ecotopónimo. Casal: Casa de campo con todas as súas terras e pertenzas. Tamén, Conxunto de casas que forman un pequeno grupo no campo ou dentro dun pequeno núcleo de poboación. Do latín casale (facenda) Cangrexeira: Rede de arrastre que se utiliza para a pesca do cangrexo, a nécora etc. Do latín cancer (cangrexo)

No século XVI Casal de Cangrexeiras aparece mencionado nun documento de arrendo:

En la villa de ferrol a cinco dias del mes de enero de myll e quinientos e sesenta e seis [?] ante my escribano [?] e testigos el presente [?] juan pita da beyga (…) dixo que arrendaba e arrendo a juan monteiro labrador vezino de Canido el casal y el su terreo y eredad que se dize das Cangreeseiras (…) un terreo que dize de agro da fraga (…) una vyna de zepa do dizen o pinneyro

Fontes: Arrendo…, Arquivo de Galicia (AG), 2.1.2.3.3.2.15. 4., G6063, 045, fol. 2r

Fontes: VV.AA., Radiando Memoria. Un percorrido alternativo polo Ferrol dos séculos XIX e XX, Muiño do Vento, 2020

Ecotopónimo. Casal: Casa de campo con todas as súas terras e pertenzas. Tamén, Conxunto de casas que forman un pequeno grupo no campo ou dentro dun pequeno núcleo de poboación. Do latín casale (facenda) Canido: Fitotopónimo procedente do latín cannetum ( canaval, lugar de canas) No século XVI Casal de Canido aparece mencionado nun arrendo feito por Juan Pita da Veiga: “Sepant quantos este publico testamento [?] de aforamento viren Commo nos don frey anton lopes prior do moesteyro de joyva (…) aforamos e damos en aforamento e por rrason de foro a vos o dito Senor diego de andrade (…) o casal de canido syto ena dita felegresia de sant giaao de ferrol (…)”

Fontes: Escritura…, Archivo de la Real Chancillería de Valladolid (ARCV), PERGAMINOS,CARPETA,102,1, fol 1r.

Ecotopónimo. Casal: Casa de campo con todas as súas terras e pertenzas. Tamén, Conxunto de casas que forman un pequeno grupo no campo ou dentro dun pequeno núcleo de poboación. Do latín casale (facenda) Insua: Segundo Dolores González de la Peña e Daniel de las Heras pode referirse a unha propiedade agrícola illada do entorno mediante sebes vexetais ou cómaros. Sinalan que tamén é a denominación dada polos romanos as porcións de terra resultantes dunha parcelación ou centuriación. Do latín insula (illa)

No século XIV Casal de Insua aparece mencionado nun intercambio entre o Mosteiro de Xubia e Gonzalo Esquio: “Sabam qantos esta carta viren commo eu johan esquio prior do moesteiro de San martinno de juvia (…) damos e aforamos a vos gonçalvo esquio vizino de ferrol (…) o noso casal de insoa (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.7r. Arqueotoponimia.blogspot.com

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a posibilidade de que no lugar vivira algún compostor ou compoñedor de ósos.

Fontes: VV.AA.,Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Ecotopónimo. As veciñas de Canido lembran que este era o nome dun conxunto de casas, polo lugar pasaba un carreiro que lle daba servicio as casas e hortas. Este terminaba nunhas escaleiras.

Había outro camiño”“ Era un carrero” Era un carrero de servicio a las huertas que había allí” “Estas casas se chamaban las casas de las huertas

Fonte: Grupo de Mulleres Bravas de Canido.

 

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian cunha posible afección dalgún dos primeiros habitantes destas vivendas.

Fontes: VV.AA.,Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Ecotopónimo. As veciñas de Canido lembran que a Palma era o nome dun chalé e bar.

Allí había un bar e se chamaba La Palma… Pero debe tener referencia del bar con el Chalé porque ese chalé tiene una palma muy destacada, y entonces nosotros decíamos vamos hasta la Palma y era allí” “O chalé é de antes da guerra”

Fontes: Mulleres Bravas de Canido

Agrotopónimo. Chousa: Terra de labor cercada, polo xeral de pouca extensión e situada preto da casa, do latín clausa (pechado). So: do prefixo latín sub ( debaixo) Por tanto, debaixo de Canido.

No século XV Chousa de So Canido aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia. “ a vos diego Robalo [Robaleiro?] e a vosa moller (…) aforamos a leyra que chaman dos ferrol que jaz enna chousa de so canido commo testa enno comaro da longara (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.61r.

Fitopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a abundancía de codesos.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014.

Orotopónimo. Cómaro: Pequena elevación de terreo de pouca extensión. Por un lado, segundo o Pai Sarmiento, puidese ser que provise do latín cumulum; se ben, a día de hoxe, hai autores que discuten a evolución do ‘l’ polo ‘r’, optando por unha evolución dende unha verba prerromana.

No século XV Cómaro da Lóngara aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia. “ a vos diego Robalo [Robaleiro?] e a vosa moller (…) aforamos a leyra que chaman dos ferrol que jaz enna chousa de so canido commo testa enno comaro da longara (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.61r.

Ecotopónimo: Corralón: Fai referencia a un espazo acotado. Do latín currus (carro)

As veciñas de Canido lembran que este era o nome dun conxunto de hortas pechadas

El Corralón era cerrado, había una puerta en la calle Alonso López y otra puerta en Atocha”

Eran huertas, era una finca… y estaba todo cerrado, y la gente que tenía allí huertas tenía una llave, sino tenías que dar la vuelta…”

Fontes: Grupo de Mulleres bravas de Canido


Odotopónimo. As veciñas de canido lembran a existencia desta corredoira, hoxe en día desaparecida. 

Nostros le llamabamos la Corredoira” “Pola parte de atrás do xulgados de hoxe” “polo costado de Mercadona… era a Corredoira e a Fenya” “ Había unas casuchiñas ao final… desas de planta baixa pequenas” Era moi servicial, o que pasa que a veces de noite tiñas medo” “De chavalas non nos atreviamos a pasar “Era así como entre dúas murallas.. e había algún que outro que te asustaba” “Daquela estábamos cheos de medo” “Oscuro totalmente” “Despois da Fenya…todo eso era campos levaba a xente a ropua a clareo,ou terras” “Doutro lado era pinar” Tamén a recordan como corredoira de Espiñeiros “Espiñeiros sería un home”Era a mesma” “Acababa na rúa dos Mortos“Clareaban la ropa ahí” “Se botaba enxabonada” “Las gentes que no tenían huertas las iban a llevar ahí”

Fontes: Grupo de Mulleres Bravas Canido

Agrotopónimo. Cortiña: Terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

 

 

As veciñas de Canido lembran que no lugar houbera un cuartel, cuxas ruiñas foron aproveitadas para edificar un colexio de nenas. “ Eran un colegio, que había público” “Era de niñas” “Fué cuartel y despues ya no había, quedaban las ruinas del cuartel y allí mismo hicieron el colegio

 

Fonte: Grupo de Mulleres Bravas de Canido.

Hidrotopónimo. So: do prefixo latín sub ( debaixo) Por tanto, debaixo de Canido. No século XIX Montero Aróstegui menciona a Fonte de So Canido na súa Historia de Ferrol

Hallábase antiguamente mas arriba del punto que hoy ocupa y en donde existe su arqueta principal. Nombrábase Fuente de so Canido. La carencia de aguas en el pueblo obligó al Ayuntamiento en 1786 á pensar en su nueva construcción en el sitio en que se encuentra incrustrada en la muralla de la huerta del Hospital de Caridad, aprovechando las aguas de la antigua fuente que estaba deteriorada”

Fontes: MONTERO AROSTEGUI, J., Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol, Beltran y Viñas, 1859

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a posible existencia de un foxo para cazar lobos.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Agrotopónimo. Leira:

No século XV Leira dos Ferrol aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia. “ a vos diego Robalo [Robaleiro?] e a vosa moller (…) aforamos a leyra que chaman dos ferrol que jaz enna chousa de so canido commo testa enno comaro da longara (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.61r.

Agrotopónimo. Leira … So: do prefixo latín sub ( debaixo) Por tanto, debaixo de Canido.No século XV Leira de So Canido aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia “Saban quantos esta carta de foro viren commo nos anton lopez prior do moesteiro de san martinno de Jubya (…) outorgamos e conosçemos que aforamos e por Renda e çenso damos a vos vasco despasante e a vosa moller (…) a nosa leyra de Socanido segundo que esta posta de vina barra e çepa como testa eno camino antigoo que sal de ferrol e vay para rreçemil e doutra parte testa eno agro da fraga (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.91r.

Ecotopónimo. Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian a posible existencia dun vertedoiro.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Fitotopónimo, do latín pirus(árbore da pera)

No século XV Pereiras aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia. “a vos diego Robalo [Robaleiro?] e a vosa moller (…) conven a saber que vos arandamos e aforamos commo dito he toda esa nosa herdade que chaman da ynsoa commo departe de huna parte ao longo doutro noso casal (…) testa en bayxo enna Ribeyra do mar e testa de outra parte enno terreo (…) que chaman das pereyras (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.61r.

 

Fitotopónimo, do latín pinus. No século XVI O piñeiro aparece mencionado nun documento de arrendo: “En la villa de ferrol a cinco dias del mes de enero de myll e quinientos e sesenta e seis [?] ante my escribano [?] e testigos el presente [?] juan pita da beyga (…) dixo que arrendaba e arrendo a juan monteiro labrador vezino de Canido el casal y el su terreo y eredad que se dize das Cangreeseiras (…) un terreo que dize de agro da fraga (…) una vyna de zepa do dizen o pinneyro

Fontes: Arrendo…, Arquivo de Galicia (AG), 2.1.2.3.3.2.15. 4., G6063, 045, fol. 2r

 

Agrotopóimo. Pomar: Terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, especialmente de maceiras, do latín pomum ( froito con óso ou sementes) So: do prefixo latín sub ( debaixo) Por tanto, debaixo de Canido. No século XV Pomar de So Candio aparece mencionado nun documento da venta dunha heredare Sabbean quantos esta carta de venda viren commo eu Juan de canido vesino e morador enn sta villa de ferrol albaçea e compridor testamentario de Juan ferrol [?] (…) outorgo e connosco que vendo asy commo albaçea e compridor para sempre jamays por jur de herdade a vos pero ferrol e a vosa moller mayor de leixa a herdade e pumar de so canido que foy do dito juan ferrol (…)

Fontes: Xoán de Canido…, Arquivo da Fundación Penzol (AFP), 3.2.2., PLA-04, 186, fol. 1r.

Ecotopónimo. As veciñas asocian o nome ao un conxunto de casas baixas da Rúa Alegre.

No seu traballo alumnas e alumnos do I.E.S de Canido suxiren que o nome teña vinculación coa emigración a Sudamérica e as vivendas rurais típicas desa zona. Tamén propoñen unha posible orixe nos compartimentos dos mariñeiros nos barcos.

Fontes: Grupo de Mulleres Bravas de Canido VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Orotopónimo. Ribeira: procedente do latín ripa (costa)

No século XV Ribeira do mar aparece mencionado nun documento de aforamento do Mosteiro de Xubia. “vos diego Robalo [Robaleiro?] e a vosa moller (…) conven a saber que vos arandamos e aforamos commo dito he toda esa nosa herdade que chaman da ynsoa commo departe de huna parte ao longo doutro noso casal (…) testa en bayxo enna Ribeyra do mar e testa de outra parte enno terreo (…) que chaman das pereyras (…)”

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.61r.

Fitotopónimo. Souto: procedente do latín saltus (saltar). Estela: do latín stella( estrela)

No século XIV Souto das estelas aparece mencionado nun intercambio entre o Mosteiro de Xubia e Gonzalo Esquio “eu o dito gonçalvo esquio por esta graça que me fazedes dou no dito moesteiro por jur de erdade o souto que chaman das estellas” Se ben, a documentación non resulta esclarecedora ao respecto da ubicación deste souto, o feito de que o texto faga referencia a lugares como Joane e Insua, fainos valorar a posibilidade de que este souto se atopase na contorna do actual Barrio de Canido, concretamente na rúa da Estrela, o que explicaría a orixe deste peculiar topónimo.

Fontes: Colección de diplomas del monasterio de benedictinos de San Martín de Jubia (La Coruña), AHN, CODICES, L.36, fol.7r.

Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. Fai referencia ao antigo cemiterio do século XVIII, hoxe desaparecido.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014

Topónimo documentado na recollida oral feita polas alumnas e alumnos do I.E.S de Canido. No seu traballo o asocian ao crecemento espóntaneo de herba.

Fontes: VV.AA., Toponimia de Canido, Muiño do Vento, 2014.

Canido: Fitotopónimo procedente do latín cannetum, canaval, lugar de canas.

No século XII Canido aparece documentada na documentación do Mosteiro de Pedroso como unha vila. “eu Munia, devota, filla de Don [Pero] Froilaz e de Dona Lucía (…) Concédolle a metade da miña vila de Ferrol e os seus homes e a vila de Canido

Fontes: CAL PARDO, E., El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental, Deputación Provincial de A Coruña, 1984

Descoñecemos a orixe deste topónimo. As veciñas de Canido lembran que este era o nome dun campeiro no lugar onde actualmente atópase a Domus e ao que as nenas e nenos ían a xogar.

Había unha horta grande donde está a Domus […] Toda esa calle que é Miramar e abriron tamén cando eu tiña, non sei cantos anos, poucos, ibamos a xogar. E entonces, desde a calle da Estrella se subía polo parque, desde a calle da Estrella hasta a Domus, eso era todo un campeiro grandísimo que lle chamábamos o Xandón”

Fontes: Grupo de Mulleres Bravas de Canido